Coroide Índice Composición | Notas | Véxase tamén | Menú de navegaciónChoroidDicionario de Termos MédicosRetinaCoroidesCoroidesMedlinePlus: CoroidesManual Merck de Información Médica para el Hogar.5344858298D002829A09.371.894.223C12344A15.2.03.0020001776C0008520
Ollo
ollovasos sanguíneostecido conectivoescleróticaretinacristalino.nervio ópticotemperaturaglobo ocularhumanosmelaninaabsorberreflexiónimaxesalbinosluzescuridadetapetum lucidumvasos sanguíneosúvea
Coroide
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
Coroide | |
|---|---|
A COROIDE ENTRE AS PARTES DO OLLO: 1: cámara posterior, 2: ora serrata, 3: músculo ciliar, 4: ligamento suspensorio da lente, 5: canle de Schlemm, 6: pupila, 7: cámara anterior, 8: córnea, 9: iris, 10: córtex do cristalino, 11: núcleo do cristalino, 12: corpo ciliar, 13: conxuntiva, 14: músculo oblicuo inferior, 15: músculo recto inferior, 16: músculo recto medial, 17: arterias e veas retinianas, 18: papila (punto cego), 19: duramadre, 20: arteria central retiniana, 21: vea central retiniana, 22: nervio óptico, 23: vea vorticosa, 24: conjuntiva bulbar, 25: mácula, 26: fóvea, 27: esclerótica, 28: COROIDE, 29: músculo recto superior, 30: retina. | |
Latín | Choroidea |
Sistema | Sistema nervioso |
Arteria | Arterias ciliares posteriores curtas e longas |
MeSH | Choroid |
Chámase coroide a unha membrana escura e vascular do ollo profusamente irrigada con vasos sanguíneos e tecido conectivo, que se atopa entre a esclerótica e a retina, coa función de nutrir esta e mais o cristalino.[1][2] A parte máis posterior está perforada polo nervio óptico e continúa por diante coa zona ciliar. Á parte da citada función de nutrición, serve tamén para manter a temperatura constante dalgunhas estruturas do globo ocular.[3]
Índice
1 Composición
2 Notas
3 Véxase tamén
3.1 Ligazóns externas
Composición |
A coroide está formada, de fóra a dentro, por tres capas:[4]
Capa supracoroidea ou lámina fusca. É unha capa de tecido conxuntivo formada por laminiñas onde se observan fibras elásticas, coláxeno e celularidade representada por melanocitos e fibroblastos, que separa os capilares da esclerótica.
Estroma ou lámina vasculosa. Ocupa a maior parte e é a propiamente vascular, con ramas ciliares da arteria oftálmica. Presenta fibras nerviosas e vasos, ademais de fibras de coláxeno, fibras elásticas, fibroblastos, macrófagos e melanocitos. En función do seu tamaño e da súa localización, os vasos pódense clasificar en tres capas:
Capa de Haller: situada externamente e formada polos grandes vasos.
Capa de Sattler: capa media, formada por vasos medianos.
Capa de Ruysch ou coriocapilar interna: formada por arteriolas capilares e vénulas. Os capilares están moi unidos uns a outros. Nutre o epitelio pigmentario da retina.
Lámina vítra de Bruch. Está en íntima relación coa retina. Relaciónase coa retina a través da súa superficie interna ou retiniana, entanto que a súa superficie externa é a porción coroide.
Nos humanos, a coroide presenta unha pigmentación escura debido á presenza de melanina e unha grande abundancia de vasos sanguíneos, o que axuda a absorber luz que chega ao ollo e previr así a súa reflexión (que carrexaría a formación de imaxes confusas). A mala visión dos albinos débese á falta de melanina nesta membrana. Noutros animais atópanse partículas reflectoras sobre a coroide para axudar a recoller luz en ambientes de escuridade, o chamado tapetum lucidum.
O efecto de ollos vermellos nas fotografías débese á reflexión da luz sobre a coroide. Aparece de cor vermella debido aos vasos sanguíneos na úvea.
Notas |
↑ Ver a entrada "coroide". No Dicionario de Termos Médicos da Real Academia de Medicina e Cirurxía de Galicia. 2002.
↑ Retina. En UFHealth. The University of Florida Health System. [En inglés]
↑ Coroides. En University of Maryland Medical Center. [En castelán e en inglés]
↑ Coroides. En EcuRed. [En castelán]
Véxase tamén |
Ligazóns externas |
- MedlinePlus: Coroides
- Manual Merck de Información Médica para el Hogar.
|
|
Categoría:
- Ollo
(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgPageParseReport":"limitreport":"cputime":"0.176","walltime":"0.226","ppvisitednodes":"value":286,"limit":1000000,"ppgeneratednodes":"value":0,"limit":1500000,"postexpandincludesize":"value":10974,"limit":2097152,"templateargumentsize":"value":1976,"limit":2097152,"expansiondepth":"value":7,"limit":40,"expensivefunctioncount":"value":8,"limit":500,"unstrip-depth":"value":0,"limit":20,"unstrip-size":"value":1950,"limit":5000000,"entityaccesscount":"value":9,"limit":400,"timingprofile":["100.00% 192.405 1 -total"," 73.96% 142.301 1 Modelo:Control_de_autoridades"," 7.55% 14.524 1 Modelo:Listaref"," 2.83% 5.446 1 Modelo:CaixaAnatomía"," 1.47% 2.823 1 Modelo:Column-width"],"scribunto":"limitreport-timeusage":"value":"0.092","limit":"10.000","limitreport-memusage":"value":1818765,"limit":52428800,"cachereport":"origin":"mw1293","timestamp":"20190404122625","ttl":2592000,"transientcontent":false););"@context":"https://schema.org","@type":"Article","name":"Coroide","url":"https://gl.wikipedia.org/wiki/Coroide","sameAs":"http://www.wikidata.org/entity/Q271762","mainEntity":"http://www.wikidata.org/entity/Q271762","author":"@type":"Organization","name":"Contribuidores dos projetos da Wikimedia","publisher":"@type":"Organization","name":"Wikimedia Foundation, Inc.","logo":"@type":"ImageObject","url":"https://www.wikimedia.org/static/images/wmf-hor-googpub.png","datePublished":"2016-12-13T11:26:43Z","dateModified":"2018-08-23T02:51:56Z","image":"https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/e/e8/Eye-diagram_no_circles_border.svg"(window.RLQ=window.RLQ||[]).push(function()mw.config.set("wgBackendResponseTime":161,"wgHostname":"mw1275"););